Os que defendemos a lingua do país sabemos que cada vez nos resulta máis complicado escoitar música no noso idioma en medios como a radio, onde nin a Radio Galega Música se centra na nosa música. O fomento da nosa lingua por parte dos medios públicos está sendo lamentable nos últimos anos.