Hai uns días, comendo en Santiago de Compostela con André Maneiro e con Pablo Honey, falaron dunha presentación de Pepe Barro, un deseñador galego, que fixo na Cidade da Cultura, sobre o deseño arredor do Grupo Nós.
Analiza o deseño gráfico desde un punto de vista técnico, pero mesturado coa cultura e coa política do momento.
Tamén fala del Pablo no seu blog, e hai varios recursos interesantes sobre Pepe Barro que me recomendou André e que me pareceron interesantes:
- O seu libro Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza.
- Os seus artigos en Nós Diario.