Ruta circular sinxela, duns 6,5 km, no parque natural do Monte Aloia, preto da fronteira con Portugal. Adecuada para toda a familia, para facer con nenos e con persoas maiores. A continuación podes ver unha galería das fotografías que saquei nesa ruta.
Autor: Jesús Amieiro
Os pobos do encoro de Lindoso, ao descuberto
O pasado 6 de marzo de 2022 estivemos, de casualidade, visitando os restos do encoro de Lindoso, concretemente a aldea de Aceredo. 105 familias tiveron que emigrar desta aldea cando o encoro asolagou esta zona no ano 1992. Provocoume unha tremenda tristura estar nesta aldea, onde moita xente tivo que deixar todo o que coñeceu… Seguir lendo Os pobos do encoro de Lindoso, ao descuberto
Listas de música en galego
Os que defendemos a lingua do país sabemos que cada vez nos resulta máis complicado escoitar música no noso idioma en medios como a radio, onde nin a Radio Galega Música se centra na nosa música. O fomento da nosa lingua por parte dos medios públicos está sendo lamentable nos últimos anos.
A historia da primeira normativa oficial do galego
No 1.982 aprobouse a primeira normativa oficial do galego, que establecía a mesma ortografía que o español. Nos anos previos houbo outra liña de traballo, a reintegracionista, que buscaba achegarse ao portugués, idioma co que o galego mantén unha historia conxunta, pero que non callou.
O mapa de Fontán, rostro e alma da vella Galicia
Coñecín a figura de Domingo Fontán a través da reportaxe «O mapa de Fontán, rostro e alma da vella Galicia» de Nós Televisión. Domingo Fontán foi un home ilustrado e polifacético (político, empresario, xeógrafo,…) que, durante 17 anos, recorreu Galicia para cartografala, dando lugar ao primeiro mapa completo do noso país, a Carta xeométrica de… Seguir lendo O mapa de Fontán, rostro e alma da vella Galicia
O deseño que hai en Nós
Hai uns días, comendo en Santiago de Compostela con André Maneiro e con Pablo Honey, falaron dunha presentación de Pepe Barro, un deseñador galego, que fixo na Cidade da Cultura, sobre o deseño arredor do Grupo Nós. Analiza o deseño gráfico desde un punto de vista técnico, pero mesturado coa cultura e coa política do… Seguir lendo O deseño que hai en Nós