O fuciño do porco é unha pequena e fermosa ruta de sendeirismo situada na entrada da ría de Viveiro, no Concello do Vicedo, no norte de Lugo. Ten algo menos de 5 km desde o aparcamento e 2 km desde o punto de control de acceso.
É apta para facer con toda a familia, polo que se tedes nenos, é unha opción moi aconsellable. Non está adaptada para facela con persoas con discapacidade, xa que ten unhas cantas escaleiras e ramplas cunha boa inclinación.
Ten en conta que esta ruta necesita reservar unha entrada, gratuíta, nos meses de xullo e agosto, para poder controlar a capacidade.