55 mentiras sobre a lingua galega

Un libro onde atoparás unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os inimigos do idioma. Prolingua publicouno en PDF en liña, polo que o que aquí deixo é só unha copia de material público.

A historia da primeira normativa oficial do galego

No 1.982 aprobouse a primeira normativa oficial do galego, que establecía a mesma ortografía que o español. Nos anos previos houbo outra liña de traballo, a reintegracionista, que buscaba achegarse ao portugués, idioma co que o galego mantén unha historia conxunta, pero que non callou.